sábado, 27 de junio de 2020

FIN DE CURSO 2019/2020

Chegou a fin deste curso 2019/2020. Un curso “estraño”, no que tivemos que facer fronte a moitos cambios e adversidades, pero un curso que nos demostrou a nosa gran capacidade para adaptarnos e seguir adiante. Un curso que, ao fin e ao cabo, ensinounos moitas cousas, tamén de nós mesmos.
Quedaron moitas cousas pendentes, pero Manzaneda é terra de artistas, así que o noso Festival de Fin de Curso non podía ser unha delas😉☺️.
Tocou reinventarse e aquí está o resultado!😊💃🏽💃🏽

Manzaneda: Festival virtual







martes, 17 de marzo de 2020

AS FORMIGAS

Na aula das pulguiñas de infantil convertémonos en verdadeiros expertos investigadores de formigas. Xuntos descubrimos moitas cousas, e por iso, creamos este xogo, para que non se nos esqueza ningunha!
Animádevos  descubrir cousiñas sobre as formigas! Un mundo ben interesante!

miércoles, 18 de diciembre de 2019

Bo Nadal!!!

O alumnado do Ceip Manzaneda desexa a toda a xente que nos vexa , en especial, a toda a vila e comarca umhas felices festas cheas de ledicia, amor e alegría.












viernes, 6 de diciembre de 2019

25 de novembro

O 25 de novembro é o día no que reivindicamos a repulsa a violencia de xénero. No CEIP de Manzaneda a coeducación e a igualdade son patentes día a día entre o alumnado. Entre eles e elas decoramos as escaleiras para deixar a nosa pegada neste día.

Queda aquí un pequeno resumo desta conmemoración...

MAGOSTO

Con este tempo de choiva que tivemos, o día do Magosto sentou moi ben e desfrutamos, ca axuda das familias, dunha xornada festiva, con bailes, xogos e moitas risas.

Un xantar riquísimo, unhas castañas deliciosas, un baile moi simpático e o xogo estrela do cole; o noso "TOMA CASTAÑA", que tanto entusiasma a todos e todas!!!

Ahí quedan algunhas imaxes que resumen esta gran festa.














lunes, 25 de noviembre de 2019

Presentación dos nenos e nenas de 1º e 2º

Ademáis de practicar a escrita ca elaboración das cartas, explicar como é a nosa vila, mellora a expresión oral. O alumnado preséntase con moitas ganas de máis!!!

https://youtu.be/TRxsn9hxARA

Cartas co CEIP Salgado Torres (Coruña)

O alumnado de 1º e 2º está a levar a cabo un "carteo" cun cole da cidade da Coruña, para explicarse as diferenzas e características das vilas e cidades. Neste traballo, están poñendo todo o seu empeño e bo facer!!! Destacar a colaboración das familias, que a través das fotos, permiten que o alumnado coñeza e valore o seu entorno!!!