jueves, 29 de octubre de 2015

COIDADO QUE CHEGA O SAMAÍN! BE CAREFUL...IT'S HALLOWEEN!


Mouchos, curuxas, sapos e bruxas...

Nenos e nenas, maiores e novos... atendede! chegou a época máis terrorífica do ano e aquí no colexio de Manzaneda tiñamos moitas ganas de celebralo.

Para iso, durante esta semana fixemos varias actividades dirixidas a festexar o Samaín / Halloween coas que ademais de aprender, nos divertimos pero que moito moitísimo!

Aquí tedes unha pequena  mostra das cabazas tan terroríficas que fixemos para expoñer na entrada do
cole. 
E ollo! que a cousa non acaba aquí... o día de Halloween e moi longo, e inda está por rematar...





martes, 13 de octubre de 2015

Do que se sementa...RECÓLLESE!



Como continuidade do proxecto pertencente ao programa de Voz Natura 'Xermolamos!'que iniciamos o curso pasado, comezamos este ano recollendo un dos produtos que sementamos o curso pasado...PATACAS!

Aproveitamos un deses días soleados que nos regala este outono para recoller a nosa colleita de patacas, e para iso enviamos ao equipo de peques do cole que están feitos uns verdadeiros agricultores. Mirade que traballadores! Sempre cun sorriso! e...non deixaron unha! :)


 
   
           

lunes, 5 de octubre de 2015

COMEZA O CURSO 2015/2016!


Xa comezamos o novo curso 2015- 2016 no CEIP de Manzaneda! E como non podía ser menos, aquí estamos xa actualizando o noso blog para que vexades que empezamos este curso con moita ilusión e ganas de traballar.
Ademais, tamén comezamos o curso con novidades no noso centro. A máis salientable é que estreamos aula de primaria! Esta é moito máis espaciosa ca do ano pasado, e nela contamos con moitos recunchos para os nosos traballos individuais e tamén en grupo.
Tamén, e grazas a que é un aula moi espaciosa, temos dous ordenadores con conexión a internet que podemos utilizar como fonte de consulta e aprendizaxe en diversos momentos.
Aquí vos deixamos un par de fotiños para que vexades o bonita e inspiradora que é a nosa nova aula! Nela estamos seguros que nacerán novos e moi interesantes proxectos :)