miércoles, 14 de diciembre de 2016

FELICITACIÓN DE NADAL

Estes días temos todos unha actividade frenética pero entre todas as tarefas que temos que facer antes do nadal sacamos un pouco de tempo para facer un vídeo de felicitación do Nadal.
Para facer o vídeo usamos unha app chamada Stopmotion, coa que preparamos uns vídeos por equipos. Tivemos que elexir a temática, os materiais e como desenvolver a historia, determinar as tarefas e repartilas entre os distintos membros do equipo e .... disfrutar moito facendoo.
BO NADAL a todos.

AS GALLETAS DO SAMAÍN

jueves, 1 de diciembre de 2016

AS PARTES DO CORPO


Os chicos e chicas de Infantil estivemos aprendendo moitas cousas sobre o noso corpo. Jose, Daniela e Mariña queren demostrar un pouquiño do que descubriron.


martes, 15 de noviembre de 2016

XOGANDO COAS LETRAS!

Os nenos e nenas de infantil disfrutamos moito xogando coas letras! Asi que nos encanta buscar a letra que falta en cada unha das palabras deste xogo. Son palabras moi coñecidas para nós, porque estamos coñecendo as palabras relacionadas coa casa e co noso corpo.
Animádevos a xogar con nós!


miércoles, 9 de noviembre de 2016

A CASTROADA

Deli a nosa profesora mandounos un traballo de investigación  sobre a castroada, no que tivemos que buscar información polos vosos abuelos e internet.
Primeiro tivemos que investigar.
Preparamos un traballo en papel ou ordenador (que á profe gustoulle moito).
Presentamos os traballos diante de todos os nosos compañeiros.
Xuntamos todos os traballos e fixemos preguntas con eles (utilizando unha estrutura de aprendizaxe cooperativa chamada 1-2-4.)
Fixemos un vídeo con esas preguntas.
Un equipo edita o vídeo e outro está a facer a entrada no blogue.
Este foi o resultado-
Xoana fixo o seu traballo nun prezi.




viernes, 4 de noviembre de 2016

OS FROITOS DO OUTONO

Os nenos e nenas de Infantil están coñecendo moitos aspectos do outono. Encántalles coñecer novas froitas e prepararon este pequeno 'dicionario de imaxes' para que vexades todo o que levan aprendido!

SOMOS OS NENOS E NENAS DE PRIMARIA

martes, 25 de octubre de 2016

COÑECENDO MANZANEDA


 
Os alumnos e alumnas de primaria fixeron un paseo polo pobo para recoñecer as características dunha vila e mostrarnos os lugares que máis lles gustan.
 
 



Explican as fases do traballo na seguinte infografía.

 

lunes, 17 de octubre de 2016

Autumn is here !

Xa está aquí o outono! E en Manzaneda as follas caen e debuxan un bonito mosaico de cores. Os nenos e nenas de infantil estamos aproveitando esta paisaxe tan bonita para traballar o outono.
Recollemos follas de distintas árbores e cores e creamos un collage moi orixinal!


viernes, 14 de octubre de 2016

CARTEL DO NOSO PROXECTO

Os alumnos e alumnas de primaria, na clase de lingua, crearon este cartel para o proxecto que estamos a realizar este curso no centro sobre O NOSO COLEXIO.
Usaron a app PicsArt para editar a foto e engadir o texto e a app PuppetEdu para grabar o audio e convertila en vídeo.


É como di o cartel ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR. 

martes, 4 de octubre de 2016

Ola son a teacher Deli. Comezo este curso con moita ilusión e ganas de aprender dun centro y dun entorno tan distinto.

 Estamos traballando o corpo humano en primaria. Os alumnos de 3º e 2º prepararon un poster interactivo con Thinglink para explicar as partes do corpo.




Deixovos un xogo de TinyTap no que traballamos as partes do corpo con alumnos de 3º y 2º de EP. Espero que o disfrutedes.

CURSO 2016-2017

Benvidos ó Ceip Manzaneda este curso 2016-17, este blogue seguirá sendo unha forma de contacto entre as familias e o traballo do centro. Esperamos que disfrutedes con el.

miércoles, 15 de junio de 2016

miércoles, 16 de marzo de 2016

Contos sobre a Paz

Con un pouco de retraso pero con moita ilusión presentamos os contos que fixemos sobre unha personaxe moi famosa A Paz. Esperamos que vos gusten!

miércoles, 24 de febrero de 2016

Viva o Entroido!! Este ano vai de contos...


Como todos os anos, chega a época do Entroido e @s nen@s de Manzaneda celebrámolo por todo o alto.

Este ano, decidimos que nos iamos transformar en personaxes de conto!

Por iso, comezamos a preparar unhas pequenas representacións teatrais dos contos 'Carrapuchiña vermella' e 'Alicia no país das marabillas' dun xeito un tanto especial.

E é que o Entroido é época de troula, liberdade e perder a vergonza, por iso, os nenos representaron os papeis femininos e as nenas os papeis masculinos.

Temos que dicir que foi todo un éxito! Temos uns verdadeiros artistas con nós!


Xa nin que dicir ten, que durante os días previos aos Entroido, estivemos facendo os nosos lardeiros e lardeiras que corremos o día de Comadres e o día de Compadres. Quedaron verdadeiras obras de arte! e inspiradas en persoas do cole! (incluídas as profes!)


Aquí vos quedan unhas pouquiñas fotos de todo o traballo realizado polo Entroido e todo o que desfrutamos xuntos.

jueves, 4 de febrero de 2016

Dereitos dos nenos e das nenas

Aínda que un pouquiño tarde, aquí vos amosamos as presentacións feitas para o día dos Dereitos dos nenos e das nenas. Esperamos que vos gusten: