Mostrando entradas con la etiqueta infantil. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta infantil. Mostrar todas las entradas

martes, 17 de marzo de 2020

AS FORMIGAS

Na aula das pulguiñas de infantil convertémonos en verdadeiros expertos investigadores de formigas. Xuntos descubrimos moitas cousas, e por iso, creamos este xogo, para que non se nos esqueza ningunha!
Animádevos  descubrir cousiñas sobre as formigas! Un mundo ben interesante!

jueves, 6 de junio de 2019

PROTEXE OS ANIMAIS

Este curso, no cole de Manzaneda estamos inmersos nun proxecto que nos parece moi importante: ‘Protexe os animais’.
Moitos de nós temos, ou tivemos nalgunha ocasión, un animaliño ao noso cargo. É pois esencial que sexamos conscientes dos coidados que precisan, e tamén da situación de moitos outros animais que sofren abandonos ou maltratos por parte do ser humano.
Polo tanto, o que perseguimos con este proxecto é concienciar aos nosos nenos no respecto aos animais para que se convirtan en seres humanos empáticos e sensibles co medio ambiente e todo o que forma parte del.

Comezamos pois o noso proxecto no mes de Novembro con moitos ganas, xa que é un tema moi motivador para eles. Na aula das ‘pulguiñas de Infantil’ empezamos por coñecer e clasificar os distintos tipos de animais. Aprendemos a diferenciar entre seres vivos e inertes, e animais domésticos e salvaxes. Para iso, axudámonos co xogo creado polo centro a través da app Tiny tap. Ademais, engadimos uns videos de 'Happy learning' para completar a explicación sobre os animais.



    
   

miércoles, 13 de diciembre de 2017

PROXECTO ''OS PEIXES'

Este curso, tivemos un regaliño moi especial na clase das pulguiñas: un acuario!
Fíxonos moitísima ilusión este regalo, e serviunos ademais para comezar un proxecto do que estamos aprendendo moito. Comezamos o noso proxecto sobre os peixes!
Para comezar a coñecer o mundo dos peixes, visionamos un vídeo educativo de Happy Learning que nos encanta ver unha e outra vez!

E como nos proxectos nos encanta que as nosas familias participen, pedimos aos papás e mamás que nos axudaran a investigar sobre un peixe que cada un elixira previamente.
Este é o resultado!


jueves, 23 de noviembre de 2017

Tivemos agasaios por ser activistas contra o acoso escolar!

 O curso pasado participamos nun concurso promovido pola ONCE que consistía en deseñar carteis en contra do acoso escolar acompañados de audios que explicasen cada un destes. Por fin recibimos mochilas e pulseiras grazas a participar no mesmo, e así de felices quedamos ó ver a sorpresa que nos esperaba por ser activistas en contra do acoso escolar.



jueves, 15 de junio de 2017

MANZANEDA PARADISE

No Ceip Manzaneda fixemos unha convivencia na que compartimos un día estupendo co nenos e nenas de infantil e 1º e 2º de primaria do Ceip Manuel Bermúdez Couso de Trives.
Foi un día cheo de emocións e sentimentos compartindo experiencias entre coles tan cercanos e tan distintos.
Os nenos e nenas de Manzaneda intentaron explicar como foi este curso nun vídeo para compartir as súas experiencias cos seus compañeiros e compañeiras de Trives.
Fixemos este vídeo ca app de Google Fotos e os editamos con Imovie, para as animacións utilizamos unha app moi divertida chamada Funimate.




 Utilizamos as mesmas apps para crear un vídeo que recolle as actividades que compartimos en Manzaneda Paradise .


miércoles, 17 de mayo de 2017

FESTEXAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017

Desde hai días, os nenos e nenas do cole levamos falado moito sobre o Día das Letras Galegas. Falamos, por suposto, do autor ao que este ano se lle adica o día que é Carlos Casares; e contamos tamén, algún dos contos tan orixinais e divertidos que Carlos Casares escribiu para os máis pequenos.
Xuntamos todo o traballado durante estes días e aquí temos os resultados.

Esperamos que o desfrutedes tanto coma nós!

Xogo creado pol@s nen@s de Infantil sobre Carlos Casares e a súa vida e obra.



Debuxos feitos sobre o conto 'A bomba da felicidade' (incluído no libro 'A galiña azul')





jueves, 20 de abril de 2017

LONDON (2ª parte)

Aquí tedes a segunda parte da nosa 'visita' a London. Empregamos de novo a app TC Studio e Imovie.
Esperamos que o desfrutedes! e xa sabedes, se queredes coñecer Londres, informádevos cos nos@s nen@s.



























viernes, 7 de abril de 2017

IMOS DE COMPRAS

No mes de marzo, quedamos solos no cole os nenos e nenas de infantil e 1º e 2º de primaria e aproveitamos para sair todos xuntos a comprar. Traballamos moitas cousas: a alimentación sana, a moeda, as cantidades... E o pasamos moi ben ... coma sempre.
 

martes, 4 de abril de 2017

PLANTAMOS ÁRBORES.

Estivemos a plantar uns árbores no patio do colexio, foron 2 castiñeiros, unha oliveira e unha nogueira.  Vai a ser estupendo miralos crecer cos nosos nenos e nenas.

LECTURA DO PRINCIPIÑO

Estes días invitaronnos á lectura de fragmentos do Principiño lidos en distintas linguas: galego, inglés, francés, catalán.
Esta lectura realizouse a carón do día das letras galegas adicado este ano a Carlos Casares que traduciu O Principiño ó galego.

martes, 28 de marzo de 2017

First stop: LONDON

As pulguiñas de Infantil estamos inmersas nun Proxecto chamado 'A Volta al mundo en 80 días' . O mesmiño Willy Fog nos encargou este proxecto, que consiste en averiguar cousas sobre os países que vai percorrer el na súa volta ao mundo.
E como somos xente moi cumplidora, comezamos a investigar sobre o lugar de saída e tamén de orixe do señor Willy Fog. Viaxamos ata Londres, e grabamos vídeos no lugares mais coñecidos desta fermosa cidade. Empregamos para esto a app TC Studio e imovie.
Aquí tedes os primeiros resultados.

























jueves, 23 de marzo de 2017

EMPEZA POR...



A continuación, un novo xogo para traballar a conciencia fonolóxica, discriminación de letras e iniciación á lectoescritura. Está pensado especialmente para @s nen@s de 5 anos, pero tanto @s de 4 como @s de 3 poden probar. Seguro que hai algunha letra que xa recoñecen! A semana pasada probamos o xogo en clase e foi todo un éxito!


O Entroido en Manzaneda

Case un mes despois do Entroido, todavía seguimos rematando materiais que traballamos na aula de Infantil.
Quixemos explicar todo o que coñecemos sobre as tradicións do Entroido na nosa localidade, e para iso, coa colaboración dos pais/nais do cole, recopilamos moitas fotos e información.
Unha vez que tivemos todo organizado, empregamos a app Spark Video para facer un video explicativo do Entroido desde a visión duns nen@s que son verdadeiros expertos no tema.






domingo, 5 de marzo de 2017

Como nos gusta o Entroido!

No cole de Manzaneda e na aula de Infantil, sempre desfrutamos das festividades, pero sen dúbida, unha das nosas favoritas é o Entroido. Aquí vos deixamos un video con todas actividades que realizamos as pulguiñas  nestes días de Entroido. Tamén algunhas que compartimos cos nenos/as d primaria, que xa saberes que somos unha pequeña familia, e por iso nos encanta compartir moitos momentos xuntos.
Como veredes, foi un Entroido moi atareado. Desde facer os lardeiros e lardeiras, decorar máscaras é ata crear os nosos disfraces.


viernes, 24 de febrero de 2017

O CARNAVAL EN MANZANEDA

Hoxe tivemos no cole a Pepe Dieguez, unha mázcara do carnaval, que viu a falarnos das tradicións do carnaval en Manzaneda. Falounos das mázcaras, do fulión e da fuliada, dos instrumentos, do lardeiro e da lardeira ...
Aproveitamos a visita para facer unha emisión en directo que quedou recollida en Youtube e que compartimos con todos aquí.

miércoles, 15 de febrero de 2017

O ENTROIDO. O FOLIÓN

Estamos a traballar sobre o Entroido no cole. En Manzaneda este é un tempo especial cheo de tradicións que intentaremos explicar cos traballos que publicaremos nestas entradas.





lunes, 13 de febrero de 2017

VISITA Á RESIDENCIA DE MANZANEDA.

Xa casi nos olvidamos de que no nadal fixemos unha visita, como todos os anos á residencia de ancianos de Manzaneda, na que compartimos cantigas, panxoliñas e agasallos feitos por nos.

DÍA DA PAZ 2017. CONVIVENCIA CO CEIP DE TRIVES

O Día da Paz o celebramos dunha maneira moi especial este curso. O luns 30 de febreiro todos os alumnos do cole fomos a Trives a pasar o día no Ceip Manuel Bermúdez.
Foi un día moi intenso para nós, cheo de emocións e de experiencias distintas. Moitas delas quedan recollidas neste vídeo.





Ademais, para traballar valores tan necesarios na actualidade como o respeto, a liberdade, a cooperación, a tolerancia e a interculturalidade nun mundo libre de fronteiras, decidimos traballar a canción 'Tu enemigo' (Pablo López & Juanes).
Utilizamos por primeira vez o Chroma (unha técnica que nos permite engadir imaxes de fondo e 'trasladarnos' a calquera lugar sen necesidade de desprazarnos). En concreto, a aplicación empregada foi Touch cast studio.
Aproveitamos tamén para amosar no vídeo parte da beleza da nosa contorna e das súas tradicións para o que contamos coa colaboración dalgún pai/nai . Quixemos así mesturar os valores tan universais que citamos antes, coa esencia do noso concello.




domingo, 12 de febrero de 2017

FACEMOS ZUME!

Durante estes días, @s nen@s de Infantil estamos a traballar as cidades e todas as tendas que podemos atopar nelas ou en calquera vila. Unha das moitas tendas que traballamos foi a froitería. Nela podemos mercar froitas riquísimas e cheas de vitaminas como son as laranxas.
Por iso, a semana pasada decidimos poñernos mans á obra e facer un delicioso zume de laranxa que nos deu enerxía para todo o día! Aquí tedes todos os pasos da receita. O resultado podémosvos asegurar que foi delicioso!

miércoles, 14 de diciembre de 2016

FELICITACIÓN DE NADAL

Estes días temos todos unha actividade frenética pero entre todas as tarefas que temos que facer antes do nadal sacamos un pouco de tempo para facer un vídeo de felicitación do Nadal.
Para facer o vídeo usamos unha app chamada Stopmotion, coa que preparamos uns vídeos por equipos. Tivemos que elexir a temática, os materiais e como desenvolver a historia, determinar as tarefas e repartilas entre os distintos membros do equipo e .... disfrutar moito facendoo.
BO NADAL a todos.