Mostrando entradas con la etiqueta manzaneda. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta manzaneda. Mostrar todas las entradas

jueves, 15 de febrero de 2018

COMO ERA O ENTROIDO ANTES?

Comezamos o noso traballo de investigación sobre as orixes do entroido cunha entrevista realizada polos nenos e nenas de 1º e 2º ó profesor de relixión Belisario Chaos.
Os alumn@s:
  • prepararon un guión da entrevista ca estructura de aprendizaxe cooperativo folio xiratorio. 
  • Copiaron as preguntas na súa libreta e no encerado. 
  • Gravaron a entrevista co profesor cun Ipad.
  • Decidiron a orde na que ían aparecer as preguntas.
  • Editaron as gravacións ca app Imovie: abriron a app, cargaron os vídeos, ordearon os vídeos, axustaron o volume, engadiron títulos e creditos co seu audio. 
 E este foi o resultado.


AS TRADICIÓNS DO COLEXIO

Este vídeo explícanos as tradicións do colexio C.E.I.P. Manzaneda .Utilizamos Imovie ,vídeos e fotos feitos por nos. 
O proceso foi: fixemos un esquema , repartimos o traballo e utilizamos foliao

OS INSTRUMENTOS DO FOLIÓN

En educación artística estivemos a traballar os instrumentos do folión.
Trouxemos fotos e falamos sobre as características de cada un deles ca app Edupuppet.


Os modelamos en plastilina e fixemos un poster interactivo ca app Thinglink.

miércoles, 13 de diciembre de 2017

PROXECTO ''OS PEIXES'

Este curso, tivemos un regaliño moi especial na clase das pulguiñas: un acuario!
Fíxonos moitísima ilusión este regalo, e serviunos ademais para comezar un proxecto do que estamos aprendendo moito. Comezamos o noso proxecto sobre os peixes!
Para comezar a coñecer o mundo dos peixes, visionamos un vídeo educativo de Happy Learning que nos encanta ver unha e outra vez!

E como nos proxectos nos encanta que as nosas familias participen, pedimos aos papás e mamás que nos axudaran a investigar sobre un peixe que cada un elixira previamente.
Este é o resultado!


jueves, 15 de junio de 2017

MANZANEDA PARADISE

No Ceip Manzaneda fixemos unha convivencia na que compartimos un día estupendo co nenos e nenas de infantil e 1º e 2º de primaria do Ceip Manuel Bermúdez Couso de Trives.
Foi un día cheo de emocións e sentimentos compartindo experiencias entre coles tan cercanos e tan distintos.
Os nenos e nenas de Manzaneda intentaron explicar como foi este curso nun vídeo para compartir as súas experiencias cos seus compañeiros e compañeiras de Trives.
Fixemos este vídeo ca app de Google Fotos e os editamos con Imovie, para as animacións utilizamos unha app moi divertida chamada Funimate.




 Utilizamos as mesmas apps para crear un vídeo que recolle as actividades que compartimos en Manzaneda Paradise .


martes, 6 de junio de 2017

A POBOACIÓN

Os alumnos e alumnas de 4º e 5º de primaria estiveron traballando a poboación e prepararon unhas presentacións para traballar e explicar o tema ós compañeiros. Dividimos o tema en 2 partes e cada equipo preparou os seus contidos de maneira cooperativa por medio de esquemas. Cas Presentacións de Google desenvolveron os contidos e o explicaron ós compañeiros.

 

martes, 4 de abril de 2017

LECTURA DO PRINCIPIÑO

Estes días invitaronnos á lectura de fragmentos do Principiño lidos en distintas linguas: galego, inglés, francés, catalán.
Esta lectura realizouse a carón do día das letras galegas adicado este ano a Carlos Casares que traduciu O Principiño ó galego.

jueves, 23 de marzo de 2017

EMPEZA POR...



A continuación, un novo xogo para traballar a conciencia fonolóxica, discriminación de letras e iniciación á lectoescritura. Está pensado especialmente para @s nen@s de 5 anos, pero tanto @s de 4 como @s de 3 poden probar. Seguro que hai algunha letra que xa recoñecen! A semana pasada probamos o xogo en clase e foi todo un éxito!


O Entroido en Manzaneda

Case un mes despois do Entroido, todavía seguimos rematando materiais que traballamos na aula de Infantil.
Quixemos explicar todo o que coñecemos sobre as tradicións do Entroido na nosa localidade, e para iso, coa colaboración dos pais/nais do cole, recopilamos moitas fotos e información.
Unha vez que tivemos todo organizado, empregamos a app Spark Video para facer un video explicativo do Entroido desde a visión duns nen@s que son verdadeiros expertos no tema.






domingo, 5 de marzo de 2017

Como nos gusta o Entroido!

No cole de Manzaneda e na aula de Infantil, sempre desfrutamos das festividades, pero sen dúbida, unha das nosas favoritas é o Entroido. Aquí vos deixamos un video con todas actividades que realizamos as pulguiñas  nestes días de Entroido. Tamén algunhas que compartimos cos nenos/as d primaria, que xa saberes que somos unha pequeña familia, e por iso nos encanta compartir moitos momentos xuntos.
Como veredes, foi un Entroido moi atareado. Desde facer os lardeiros e lardeiras, decorar máscaras é ata crear os nosos disfraces.


miércoles, 22 de febrero de 2017

OS LARDEIROS E LARDEIRAS

Todos os nenos e nenas do cole estivemos preparando os nosos lardeiros e lardeiras para poder correlos. O xoves de compadres as nenas esconderon os seus lardeiros e o xoves de comadres os nenos esconderan os seus.
Ca ferramenta online Prezi os alumnos de 4º e 5º prepararon unha presentación na que explican como se fan os lardeiros, como os corren agora e como os corrían os seus pais.
Os alumnos de primaria encargaronse de facer os vídeos e os pais colaboraron tamén envíandonos vídeos onde explicaban como celebraban o lardeiro cando eles eran pequenos. Os alumnos editaron todos estes vídeos ca app para Ipad Imovie.

AS MÁZCARAS DE MANZANEDA

Os alumnos de 4 e 5 fixemos este video das mazcaras de Manzaneda para iso utilizamos : Prezi, imovie,Google fotos, wevideo.

miércoles, 15 de febrero de 2017

O ENTROIDO. O FOLIÓN

Estamos a traballar sobre o Entroido no cole. En Manzaneda este é un tempo especial cheo de tradicións que intentaremos explicar cos traballos que publicaremos nestas entradas.





lunes, 13 de febrero de 2017

DÍA DA PAZ 2017. CONVIVENCIA CO CEIP DE TRIVES

O Día da Paz o celebramos dunha maneira moi especial este curso. O luns 30 de febreiro todos os alumnos do cole fomos a Trives a pasar o día no Ceip Manuel Bermúdez.
Foi un día moi intenso para nós, cheo de emocións e de experiencias distintas. Moitas delas quedan recollidas neste vídeo.





Ademais, para traballar valores tan necesarios na actualidade como o respeto, a liberdade, a cooperación, a tolerancia e a interculturalidade nun mundo libre de fronteiras, decidimos traballar a canción 'Tu enemigo' (Pablo López & Juanes).
Utilizamos por primeira vez o Chroma (unha técnica que nos permite engadir imaxes de fondo e 'trasladarnos' a calquera lugar sen necesidade de desprazarnos). En concreto, a aplicación empregada foi Touch cast studio.
Aproveitamos tamén para amosar no vídeo parte da beleza da nosa contorna e das súas tradicións para o que contamos coa colaboración dalgún pai/nai . Quixemos así mesturar os valores tan universais que citamos antes, coa esencia do noso concello.




domingo, 12 de febrero de 2017

FACEMOS ZUME!

Durante estes días, @s nen@s de Infantil estamos a traballar as cidades e todas as tendas que podemos atopar nelas ou en calquera vila. Unha das moitas tendas que traballamos foi a froitería. Nela podemos mercar froitas riquísimas e cheas de vitaminas como son as laranxas.
Por iso, a semana pasada decidimos poñernos mans á obra e facer un delicioso zume de laranxa que nos deu enerxía para todo o día! Aquí tedes todos os pasos da receita. O resultado podémosvos asegurar que foi delicioso!

martes, 24 de enero de 2017

O RELEVO E AS AUGAS DE ESPAÑA

Comezamos o ano traballando o Relevo e as Augas de España e Galicia.
Os alumnos de 4º e 5º prepararon un xogo con TinyTap para estudialos.

miércoles, 9 de noviembre de 2016

A CASTROADA

Deli a nosa profesora mandounos un traballo de investigación  sobre a castroada, no que tivemos que buscar información polos vosos abuelos e internet.
Primeiro tivemos que investigar.
Preparamos un traballo en papel ou ordenador (que á profe gustoulle moito).
Presentamos os traballos diante de todos os nosos compañeiros.
Xuntamos todos os traballos e fixemos preguntas con eles (utilizando unha estrutura de aprendizaxe cooperativa chamada 1-2-4.)
Fixemos un vídeo con esas preguntas.
Un equipo edita o vídeo e outro está a facer a entrada no blogue.
Este foi o resultado-
Xoana fixo o seu traballo nun prezi.




martes, 25 de octubre de 2016

COÑECENDO MANZANEDA


 
Os alumnos e alumnas de primaria fixeron un paseo polo pobo para recoñecer as características dunha vila e mostrarnos os lugares que máis lles gustan.
 
 



Explican as fases do traballo na seguinte infografía.