jueves, 29 de octubre de 2015

COIDADO QUE CHEGA O SAMAÍN! BE CAREFUL...IT'S HALLOWEEN!


Mouchos, curuxas, sapos e bruxas...

Nenos e nenas, maiores e novos... atendede! chegou a época máis terrorífica do ano e aquí no colexio de Manzaneda tiñamos moitas ganas de celebralo.

Para iso, durante esta semana fixemos varias actividades dirixidas a festexar o Samaín / Halloween coas que ademais de aprender, nos divertimos pero que moito moitísimo!

Aquí tedes unha pequena  mostra das cabazas tan terroríficas que fixemos para expoñer na entrada do
cole. 
E ollo! que a cousa non acaba aquí... o día de Halloween e moi longo, e inda está por rematar...





martes, 13 de octubre de 2015

Do que se sementa...RECÓLLESE!



Como continuidade do proxecto pertencente ao programa de Voz Natura 'Xermolamos!'que iniciamos o curso pasado, comezamos este ano recollendo un dos produtos que sementamos o curso pasado...PATACAS!

Aproveitamos un deses días soleados que nos regala este outono para recoller a nosa colleita de patacas, e para iso enviamos ao equipo de peques do cole que están feitos uns verdadeiros agricultores. Mirade que traballadores! Sempre cun sorriso! e...non deixaron unha! :)


 
   
           

lunes, 5 de octubre de 2015

COMEZA O CURSO 2015/2016!


Xa comezamos o novo curso 2015- 2016 no CEIP de Manzaneda! E como non podía ser menos, aquí estamos xa actualizando o noso blog para que vexades que empezamos este curso con moita ilusión e ganas de traballar.
Ademais, tamén comezamos o curso con novidades no noso centro. A máis salientable é que estreamos aula de primaria! Esta é moito máis espaciosa ca do ano pasado, e nela contamos con moitos recunchos para os nosos traballos individuais e tamén en grupo.
Tamén, e grazas a que é un aula moi espaciosa, temos dous ordenadores con conexión a internet que podemos utilizar como fonte de consulta e aprendizaxe en diversos momentos.
Aquí vos deixamos un par de fotiños para que vexades o bonita e inspiradora que é a nosa nova aula! Nela estamos seguros que nacerán novos e moi interesantes proxectos :)






jueves, 9 de abril de 2015

Día da árbore

En España soése celebrar o día da árbore o 21 de marzo, coincidindo co día internacional dos bosques. Esta é unha práctica que comezou por primeira vez no mundo, en 1805 en Villanueva de la Sierra (Cáceres)
No cole festexámolo prantando un pequeno acivro que esta crecendo día a día no noso patio.




lunes, 23 de marzo de 2015

Xogando coa nosa lingua

No cole temos a sorte de facer un montón de actividades usando o galego como lingua para os xogos e as cancións.

Lito, estivo con nós durante dous luns ensinándonos cancións do noso folklore e como bailalas! pasámolo xenial! Ademáis tamén nos ensinou outros xogos populares como as tabas. Non se nos deron mal de todo!


Tamén nos visitou Susa Herrera, coa que cantamos e bailamos cancións de diferentes animais como o crocodilo e o elefante. Foi moi divertido!




jueves, 12 de marzo de 2015

Circulanden, circulen!


O pasado venres, tivemos un día diferente no cole. Viñeron a visitarnos da DXT e Protección Civil.
Estivemos facendo varias actividades moi educativas.

Comezamos cunha charla sobre comportamentos adecuados para os peóns e a solidaridade na carretetera.


Seguimos cun circuito para bicicletas, no que nos ensinaron a circular polo lugar adecuado, facer unha rotonda e comportarnos ante un ceda, stop ou sinal de precaución.



Despois, ensináronos o camión de bombeiros que está en Manzaneda. Explicáronnos todo o que tiña e como se reaccionaba ante unha emerxencia.




Por último, fixemos un simulacro de incendio.

Pasámolo xenial e agradecémoslles a todos os que fixeron un oquiño para virlles ensinar os nosos cativos algo tan importante para a súa propia seguridade.

jueves, 5 de marzo de 2015

Cultivos no cole!

Este ano, o cole está inmerso no programa Xermolamos (Voz Natura). 
Voz Natura é un programa de educación medioambiental posto en marcha pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. O seu obxectivo é implicar a comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da natureza da nosa terra.

No cole estamos cultivando diferentes vexetais que logo probamos na cociña. Como estos champis que despois comimos nun delicioso plato de pasta.



 Cogomelos...





Ou diferenes brotes que botamos por exemplo á ensalada!