miércoles, 24 de febrero de 2016

Viva o Entroido!! Este ano vai de contos...


Como todos os anos, chega a época do Entroido e @s nen@s de Manzaneda celebrámolo por todo o alto.

Este ano, decidimos que nos iamos transformar en personaxes de conto!

Por iso, comezamos a preparar unhas pequenas representacións teatrais dos contos 'Carrapuchiña vermella' e 'Alicia no país das marabillas' dun xeito un tanto especial.

E é que o Entroido é época de troula, liberdade e perder a vergonza, por iso, os nenos representaron os papeis femininos e as nenas os papeis masculinos.

Temos que dicir que foi todo un éxito! Temos uns verdadeiros artistas con nós!


Xa nin que dicir ten, que durante os días previos aos Entroido, estivemos facendo os nosos lardeiros e lardeiras que corremos o día de Comadres e o día de Compadres. Quedaron verdadeiras obras de arte! e inspiradas en persoas do cole! (incluídas as profes!)


Aquí vos quedan unhas pouquiñas fotos de todo o traballo realizado polo Entroido e todo o que desfrutamos xuntos.

jueves, 4 de febrero de 2016

Dereitos dos nenos e das nenas

Aínda que un pouquiño tarde, aquí vos amosamos as presentacións feitas para o día dos Dereitos dos nenos e das nenas. Esperamos que vos gusten: