lunes, 19 de junio de 2017

Universo de emocións

Porque as diferentes emocións tamén se poden representar en ilustracións, mediante a técnica de visual thinking e stop motion, podedes ver o resultado subido a Youtube do creado polas alumnas da materia de Valores sociais e cívicos a partir da lectura completa do libro Emocionario. Esperamos que vos guste!

jueves, 15 de junio de 2017

MANZANEDA PARADISE

No Ceip Manzaneda fixemos unha convivencia na que compartimos un día estupendo co nenos e nenas de infantil e 1º e 2º de primaria do Ceip Manuel Bermúdez Couso de Trives.
Foi un día cheo de emocións e sentimentos compartindo experiencias entre coles tan cercanos e tan distintos.
Os nenos e nenas de Manzaneda intentaron explicar como foi este curso nun vídeo para compartir as súas experiencias cos seus compañeiros e compañeiras de Trives.
Fixemos este vídeo ca app de Google Fotos e os editamos con Imovie, para as animacións utilizamos unha app moi divertida chamada Funimate.




 Utilizamos as mesmas apps para crear un vídeo que recolle as actividades que compartimos en Manzaneda Paradise .


martes, 6 de junio de 2017

A POBOACIÓN

Os alumnos e alumnas de 4º e 5º de primaria estiveron traballando a poboación e prepararon unhas presentacións para traballar e explicar o tema ós compañeiros. Dividimos o tema en 2 partes e cada equipo preparou os seus contidos de maneira cooperativa por medio de esquemas. Cas Presentacións de Google desenvolveron os contidos e o explicaron ós compañeiros.

 

jueves, 1 de junio de 2017

HISTORIA. A PREHISTORIA

Estamos traballando xa a historia en primaria. Alumnas de 1º e 3º de primaria, despois de visionar os vídeos sobre o tema de Erase Una Vez El Hombre e de traballar o libro de texto fixeron este poster dixital ca app Thinglink sobre o Paleolítico e o Neolítico.