Mostrando entradas con la etiqueta día da paz. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta día da paz. Mostrar todas las entradas

miércoles, 22 de noviembre de 2017

O monstro da selva: unha historia dun rubí con poderes.

Porque nos gusta contar e inventar historias, nesta entrada apórtase unha historia titulada "O mostro da selva" creada e narrada polo alumnado acerca dun rubí con poderes máximos. Non deixedes de vela!


lunes, 6 de marzo de 2017

Serie de animación. Capítulo 1: a Paz do mundo!

Serie de animación feita polo alumnado do CEIP Manzaneda dende a materia de Valores sociais e cívicos sobre a Paz do mundo con Toontastic. Antes da súa creación, requeriuse da elaboración dun guión elaborado con Microsoft Office Word onde se organizasen tres esceas coas personaxes elexidas para cada unha das mesmas. Esperamos que vos guste, sobre todo a reflexión final de Albert Einstein. 

Vídeo sobre a biografía de Bertha Von Suttner: Premio Nobel da Paz

Vídeo compartido en Youtube sobre a biografía de Bertha Von Suttner de Praga que obtivo o Premio Nobel da Paz realizado polo alumnado do CEIP de Manzaneda. Dito video insertouse tamén nunha presentación elaborada intercentros (CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso e CEIP Manzaneda) e que se enmarca nunha investigación sobre a biografía de mulleres que obtiveron o Premio Nobel da Paz e que se pode consultar neste enlace http://tololeotrives.blogspot.com.es/2017/01/mulleres-premiadas-co-nobel-da-paz.html

lunes, 13 de febrero de 2017

DÍA DA PAZ 2017. CONVIVENCIA CO CEIP DE TRIVES

O Día da Paz o celebramos dunha maneira moi especial este curso. O luns 30 de febreiro todos os alumnos do cole fomos a Trives a pasar o día no Ceip Manuel Bermúdez.
Foi un día moi intenso para nós, cheo de emocións e de experiencias distintas. Moitas delas quedan recollidas neste vídeo.





Ademais, para traballar valores tan necesarios na actualidade como o respeto, a liberdade, a cooperación, a tolerancia e a interculturalidade nun mundo libre de fronteiras, decidimos traballar a canción 'Tu enemigo' (Pablo López & Juanes).
Utilizamos por primeira vez o Chroma (unha técnica que nos permite engadir imaxes de fondo e 'trasladarnos' a calquera lugar sen necesidade de desprazarnos). En concreto, a aplicación empregada foi Touch cast studio.
Aproveitamos tamén para amosar no vídeo parte da beleza da nosa contorna e das súas tradicións para o que contamos coa colaboración dalgún pai/nai . Quixemos así mesturar os valores tan universais que citamos antes, coa esencia do noso concello.