jueves, 30 de noviembre de 2017

A NOSA CONTORNA

En 1º e 2º de primaria estamos traballando a nosa contorna. Usamos a app de Thinglink para pensar nas diferencias entre cidade e vila. Utilizando a estructura de aprendizaxe cooperativo folio xiratorio.

jueves, 23 de noviembre de 2017

Tivemos agasaios por ser activistas contra o acoso escolar!

 O curso pasado participamos nun concurso promovido pola ONCE que consistía en deseñar carteis en contra do acoso escolar acompañados de audios que explicasen cada un destes. Por fin recibimos mochilas e pulseiras grazas a participar no mesmo, e así de felices quedamos ó ver a sorpresa que nos esperaba por ser activistas en contra do acoso escolar.



miércoles, 22 de noviembre de 2017

O bosque da tribo: reflexionando!

E seguimos a crear historias, esta titúlase "O bosque da tribo". Nela pódese ver un final cunha reflexión importante que idearon, crearon e narraron o alumnado que participou desta actividade. Esperamos que vos guste!


O monstro da selva: unha historia dun rubí con poderes.

Porque nos gusta contar e inventar historias, nesta entrada apórtase unha historia titulada "O mostro da selva" creada e narrada polo alumnado acerca dun rubí con poderes máximos. Non deixedes de vela!


Porque a diversidade é unha realidade!

Dende a materia de Valores cívicos e sociais estivemos investigando e realizando unha aproximación ó concepto de diversidade e a súa tipoloxía. Esperamos que vos guste a presentación, resultado da localización da información.