sábado, 27 de junio de 2020

FIN DE CURSO 2019/2020

Chegou a fin deste curso 2019/2020. Un curso “estraño”, no que tivemos que facer fronte a moitos cambios e adversidades, pero un curso que nos demostrou a nosa gran capacidade para adaptarnos e seguir adiante. Un curso que, ao fin e ao cabo, ensinounos moitas cousas, tamén de nós mesmos.
Quedaron moitas cousas pendentes, pero Manzaneda é terra de artistas, así que o noso Festival de Fin de Curso non podía ser unha delas😉☺️.
Tocou reinventarse e aquí está o resultado!😊💃🏽💃🏽

Manzaneda: Festival virtual







martes, 17 de marzo de 2020

AS FORMIGAS

Na aula das pulguiñas de infantil convertémonos en verdadeiros expertos investigadores de formigas. Xuntos descubrimos moitas cousas, e por iso, creamos este xogo, para que non se nos esqueza ningunha!
Animádevos  descubrir cousiñas sobre as formigas! Un mundo ben interesante!