A nosa mascota Cambu está na India e decidimos investigar algo sobre ese país tan distinto.
Co que aprendimos fixemos un vídeo utilizando a app TouchCast.
Como nos enteramos de que para cociñar usaban moitas especias decidimos probar algunhas delas. As miramos, as tocamos, as ulimos e as probamos. Algunhas nos gustaron, outras non tanto. Traballamos na clasificación, leimos os seus nomes e algunha información dos botes e fixemos oracións sobre elas, cas maiúsculas, separando ben as palabras. A profe despois fixo este collage ca app Fuzel Collage
Comezamos o noso traballo de investigación sobre as orixes do entroido cunha entrevista realizada polos nenos e nenas de 1º e 2º ó profesor de relixión Belisario Chaos.
Os alumn@s:
prepararon un guión da entrevista ca estructura de aprendizaxe cooperativo folio xiratorio.
Copiaron as preguntas na súa libreta e no encerado.
Gravaron a entrevista co profesor cun Ipad.
Decidiron a orde na que ían aparecer as preguntas.
Editaron as gravacións ca app Imovie: abriron a app, cargaron os vídeos, ordearon os vídeos, axustaron o volume, engadiron títulos e creditos co seu audio.