Mostrando entradas con la etiqueta o noso colexio. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta o noso colexio. Mostrar todas las entradas

domingo, 5 de marzo de 2017

Como nos gusta o Entroido!

No cole de Manzaneda e na aula de Infantil, sempre desfrutamos das festividades, pero sen dúbida, unha das nosas favoritas é o Entroido. Aquí vos deixamos un video con todas actividades que realizamos as pulguiñas  nestes días de Entroido. Tamén algunhas que compartimos cos nenos/as d primaria, que xa saberes que somos unha pequeña familia, e por iso nos encanta compartir moitos momentos xuntos.
Como veredes, foi un Entroido moi atareado. Desde facer os lardeiros e lardeiras, decorar máscaras é ata crear os nosos disfraces.


miércoles, 14 de diciembre de 2016

FELICITACIÓN DE NADAL

Estes días temos todos unha actividade frenética pero entre todas as tarefas que temos que facer antes do nadal sacamos un pouco de tempo para facer un vídeo de felicitación do Nadal.
Para facer o vídeo usamos unha app chamada Stopmotion, coa que preparamos uns vídeos por equipos. Tivemos que elexir a temática, os materiais e como desenvolver a historia, determinar as tarefas e repartilas entre os distintos membros do equipo e .... disfrutar moito facendoo.
BO NADAL a todos.

viernes, 14 de octubre de 2016

CARTEL DO NOSO PROXECTO

Os alumnos e alumnas de primaria, na clase de lingua, crearon este cartel para o proxecto que estamos a realizar este curso no centro sobre O NOSO COLEXIO.
Usaron a app PicsArt para editar a foto e engadir o texto e a app PuppetEdu para grabar o audio e convertila en vídeo.


É como di o cartel ANIMÁDEVOS A PARTICIPAR.