jueves, 19 de octubre de 2017

DESCOMPOSICIÓN DE NÚMEROS

Os alumnos de 1º de primaria están traballando a descomposición dos números cas regletas. Ca descomposición están traballando tamén as propiedades conmutativa e asociativa da suma.




martes, 17 de octubre de 2017

MAPA FÍSICO EUROPA ESPAÑA.

Os rapaces de 6º de primaria fixeron este Tiny Tap , sobre o relevo de Europa e España para estudalo na casa.

NON MÁIS LUMES!

Durante estes últimos días, levamos visto como os lumes queiman os nosos montes de xeito indiscriminado.
A escola non pode ser allea ás situacións que se producen na sociedade, e moito menos, se se trata dun cole rural como o noso, que se atopa nunha das zonas máis castigadas polo lume desde sempre.
Os nos@s nen@s son moi conscientes do que está pasando no seu contexto diario e por iso, non podiamos pasar por alto a oportunidade dun traballo moi significativo traballando con eles sobre eso.
Despois de falar sobre o tema na asamblea, decidimos realizar uns carteis sobre cómo nos fai sentir esta situación de tantos montes queimados, así como tamén sobre precaucións ante un lume e medidas de prevención. por último, xuntamos todo o traballo nun vídeo co que quixemos expresar a tristeza e a impotencia que nos causa esta situación.

Unha cousa temos clara tanto nen@s como mestres: Non queremos máis lumes! Debemos coidar o noso planeta. É o noso maior tesouro!




miércoles, 4 de octubre de 2017

HELLO CAMBU


Ola a todos, este curso os nenos de 1º e 2º de primaria están a traballar nun proxecto de lectura e escritura que se chama Hello Cambu e queren explicarvos en que consiste. Para elo crearon un vídeo con algúns dos materiais que creamos (con falta de ortografía incluidas) e un programa de radio. Con este proxecto queremos mellorar a motivación e a significatividade nesta etapa inicial da aprendizaxe da lectoescritura.

WELCOME TO THE ENGLISH CLASS

Hola a todos, este curso engadirei tamén no blogue os materiais que realicen os meus alumnos e alumnas na clase de inglés. 
Hello everyone, a new course is starting and I would like to introduce all my students in the primary class. I am working again in the Ceip Manzaneda as a teacher of English and teacher of 1st and 2nd grade. The students of the primary class have written a text of introduction, practised reading it and recorded it in an app called SPARK VIDEO to make this video.