miércoles, 26 de junio de 2019

VISITAMOS A CLÍNICA VETERINARIA VALCÁN


Como última actividade, o Ceip de Manzaneda realizamos unha visita á clínica veterinaria Valcán, no Barco de Valdeorras.

Alí, ensináronnos todas as técnicas de diagnóstico e tratamento veterinario que adoitan empregar cos seus 'pacientes'.

Os seus canciños Valky e Adi prestáronse a todo tipo de exploracións e probas que nos permitiron coñecer un pouco máis acerca dos animais e a súa fisioloxía. Foi moi divertido ver como lles facían un electrocardiograma e como se aceleraba o seu pulso ao achegarlle unha gominola das súas preferidas!
Tamén visitamos a algúns dos  animais alí hospitalizados, e o ben que alí os tratan.

Foi unha experiencia xenial! Desde logo para repetir!.
Moitas grazas a Jorge, Javi, Natalia, Pili, Carmen   polo seu trato. Xunto con Valky e Adi non puidemos ter mellores anfitrións!












Os ecosistemas e os seres vivos

 O proxecto que estamos a levar a cabo desde o centro estanos permitindo adentrarnos nos diversos ecosistemas que conforman o noso planeta. Por ouotra banda, distinguimos entre seres vivos e inertes, e os reinos que forman o conxunto dos seres vivos.
Toda a información recadada puidemos sintetizala de maneira gráfica e plasmala nuns murais que realizamos durante as clases de ciencias da natureza, e que nos resumen de xeito claro e conciso os aspectos que estamos a investigar neste proxecto.






jueves, 6 de junio de 2019

PROTEXE OS ANIMAIS

Este curso, no cole de Manzaneda estamos inmersos nun proxecto que nos parece moi importante: ‘Protexe os animais’.
Moitos de nós temos, ou tivemos nalgunha ocasión, un animaliño ao noso cargo. É pois esencial que sexamos conscientes dos coidados que precisan, e tamén da situación de moitos outros animais que sofren abandonos ou maltratos por parte do ser humano.
Polo tanto, o que perseguimos con este proxecto é concienciar aos nosos nenos no respecto aos animais para que se convirtan en seres humanos empáticos e sensibles co medio ambiente e todo o que forma parte del.

Comezamos pois o noso proxecto no mes de Novembro con moitos ganas, xa que é un tema moi motivador para eles. Na aula das ‘pulguiñas de Infantil’ empezamos por coñecer e clasificar os distintos tipos de animais. Aprendemos a diferenciar entre seres vivos e inertes, e animais domésticos e salvaxes. Para iso, axudámonos co xogo creado polo centro a través da app Tiny tap. Ademais, engadimos uns videos de 'Happy learning' para completar a explicación sobre os animais.