Hoxe tivemos no cole a Pepe Dieguez, unha mázcara do carnaval, que viu a falarnos das tradicións do carnaval en Manzaneda. Falounos das mázcaras, do fulión e da fuliada, dos instrumentos, do lardeiro e da lardeira ...
Aproveitamos a visita para facer unha emisión en directo que quedou recollida en Youtube e que compartimos con todos aquí.
Todos os nenos e nenas do cole estivemos preparando os nosos lardeiros e lardeiras para poder correlos. O xoves de compadres as nenas esconderon os seus lardeiros e o xoves de comadres os nenos esconderan os seus.
Ca ferramenta online Prezi os alumnos de 4º e 5º prepararon unha presentación na que explican como se fan os lardeiros, como os corren agora e como os corrían os seus pais.
Os alumnos de primaria encargaronse de facer os vídeos e os pais colaboraron tamén envíandonos vídeos onde explicaban como celebraban o lardeiro cando eles eran pequenos. Os alumnos editaron todos estes vídeos ca app para Ipad Imovie.
Estamos a traballar sobre o Entroido no cole. En Manzaneda este é un tempo especial cheo de tradicións que intentaremos explicar cos traballos que publicaremos nestas entradas.
Xa casi nos olvidamos de que no nadal fixemos unha visita, como todos os anos á residencia de ancianos de Manzaneda, na que compartimos cantigas, panxoliñas e agasallos feitos por nos.
O Día da Paz o celebramos dunha maneira moi especial este curso. O luns 30 de febreiro todos os alumnos do cole fomos a Trives a pasar o día no Ceip Manuel Bermúdez.
Foi un día moi intenso para nós, cheo de emocións e de experiencias distintas. Moitas delas quedan recollidas neste vídeo.
Ademais, para traballar valores tan necesarios na actualidade como o respeto, a liberdade, a cooperación, a tolerancia e a interculturalidade nun mundo libre de fronteiras, decidimos traballar a canción 'Tu enemigo' (Pablo López & Juanes).
Utilizamos por primeira vez o Chroma (unha técnica que nos permite engadir imaxes de fondo e 'trasladarnos' a calquera lugar sen necesidade de desprazarnos). En concreto, a aplicación empregada foi Touch cast studio.
Aproveitamos tamén para amosar no vídeo parte da beleza da nosa contorna e das súas tradicións para o que contamos coa colaboración dalgún pai/nai . Quixemos así mesturar os valores tan universais que citamos antes, coa esencia do noso concello.
Durante estes días, @s nen@s de Infantil estamos a traballar as cidades e todas as tendas que podemos atopar nelas ou en calquera vila. Unha das moitas tendas que traballamos foi a froitería. Nela podemos mercar froitas riquísimas e cheas de vitaminas como son as laranxas.
Por iso, a semana pasada decidimos poñernos mans á obra e facer un delicioso zume de laranxa que nos deu enerxía para todo o día! Aquí tedes todos os pasos da receita. O resultado podémosvos asegurar que foi delicioso!