miércoles, 13 de diciembre de 2017

PROXECTO ''OS PEIXES'

Este curso, tivemos un regaliño moi especial na clase das pulguiñas: un acuario!
Fíxonos moitísima ilusión este regalo, e serviunos ademais para comezar un proxecto do que estamos aprendendo moito. Comezamos o noso proxecto sobre os peixes!
Para comezar a coñecer o mundo dos peixes, visionamos un vídeo educativo de Happy Learning que nos encanta ver unha e outra vez!

E como nos proxectos nos encanta que as nosas familias participen, pedimos aos papás e mamás que nos axudaran a investigar sobre un peixe que cada un elixira previamente.
Este é o resultado!


TRIÁNGULO

Hoxe estivemos traballando xeometría na aula de 1º e 2º. Comezamos traballando os triángulos, pasamos de clasificalos en grandes e pequenos a facelo polos seus lados. A profe Deli encontrou moitas ideas no instagram da profe Ana Municio @lamunix para traballar as #mateplasti e aproveitamos para traballar tamén as #mategim. Este é o resultado


A CASA

O neno e nenas da clase de 1º e 2º de primaria están a traballar con Ollos de Sociais, están dándose conta de que en sociais traballamos a nosa realidade e que todos a coñecen. Agora toca a casa. Ca app TinyTap están a facer uns xogos nos que traballan os elementos da casa, aproveitamos tamén para traballar a lectoescritura, as letras e a separación de palabras. O van facendo ca estructura de aprendizaxe cooperativo folio xiratorio.