miércoles, 2 de diciembre de 2015

Cambiamos o conto!

Esta actividade está relacionada cos contos clásicos dos cales cambiamos a historia mediante cómics. Animádevos a ler!

Adiviña quen son?

Esta actividade foi ideada para coñecer como é o noso carácter, físico, gustos e aficións con imaxes. Esperamos que vos gusten.

lunes, 9 de noviembre de 2015

SE UN MONSTRUO VAI CARA A TI... TI DÁLLE CHUCHES!


O pasado xoves día 29 de Outubro celebramos no noso cole o día de Samaín / Halloween.
Foi un día cheo de disfraces terroríficos, actividades, xogos e algún que outro sustiño das profes aos nosos maiores (que levaban toda a semana reclamando un pouquiño de emoción ;) )

Pola mañá, comezamos cun desfile para lucir os nosos disfraces entre unhas cabazas iluminadas con candeas polo corredor do colexio. Metémonos moito nas nosas personaxes e lucimos traxes a ritmo de Michael Jackson e o seu mítico tema 'Thriller'.

A continuación, monstruos, bruxas, momias, zombies e demais personaxes fomos a clase a traballar e aprender un pouquiño.  Foi entón cando as profes dos máis maiores aproveitamos para gastar unha pequena broma aos nen@s. Despois dun pouco de 'medo' inicial todo foron risas, e ben seguro que o recordarán durante unha tempada, así que teremos que andar con coidado o vindeiro ano :)







Xa pola tarde, despois de desgustar unhas galletas moi mostruosas feitas polas mamás do comedor, e unhas cupcakes que trouxeron as profes, vimos unha película na que Scooby Doo e os seus amigos se enfrontaron a uns esqueletos. Foi moi divertida!
Por último, e para rematar a nosa horripilante xornada, tod@s escribimos nun papel cales eran os nosos maiores medos, e queimámolos nunha fogata no patio cun conxuro de meigas de fondo. A partir dese momento, neste cole ningún nen@ ten medo a nada! Todos os nosos medos quedaron queimados nesa fogata e desapareceron.

Agora podemos dicir que temos os nenos e nenas máis valentes do mundo!



                                                       Bo Samaín! Happy Halloween!











jueves, 29 de octubre de 2015

COIDADO QUE CHEGA O SAMAÍN! BE CAREFUL...IT'S HALLOWEEN!


Mouchos, curuxas, sapos e bruxas...

Nenos e nenas, maiores e novos... atendede! chegou a época máis terrorífica do ano e aquí no colexio de Manzaneda tiñamos moitas ganas de celebralo.

Para iso, durante esta semana fixemos varias actividades dirixidas a festexar o Samaín / Halloween coas que ademais de aprender, nos divertimos pero que moito moitísimo!

Aquí tedes unha pequena  mostra das cabazas tan terroríficas que fixemos para expoñer na entrada do
cole. 
E ollo! que a cousa non acaba aquí... o día de Halloween e moi longo, e inda está por rematar...





martes, 13 de octubre de 2015

Do que se sementa...RECÓLLESE!



Como continuidade do proxecto pertencente ao programa de Voz Natura 'Xermolamos!'que iniciamos o curso pasado, comezamos este ano recollendo un dos produtos que sementamos o curso pasado...PATACAS!

Aproveitamos un deses días soleados que nos regala este outono para recoller a nosa colleita de patacas, e para iso enviamos ao equipo de peques do cole que están feitos uns verdadeiros agricultores. Mirade que traballadores! Sempre cun sorriso! e...non deixaron unha! :)


 
   
           

lunes, 5 de octubre de 2015

COMEZA O CURSO 2015/2016!


Xa comezamos o novo curso 2015- 2016 no CEIP de Manzaneda! E como non podía ser menos, aquí estamos xa actualizando o noso blog para que vexades que empezamos este curso con moita ilusión e ganas de traballar.
Ademais, tamén comezamos o curso con novidades no noso centro. A máis salientable é que estreamos aula de primaria! Esta é moito máis espaciosa ca do ano pasado, e nela contamos con moitos recunchos para os nosos traballos individuais e tamén en grupo.
Tamén, e grazas a que é un aula moi espaciosa, temos dous ordenadores con conexión a internet que podemos utilizar como fonte de consulta e aprendizaxe en diversos momentos.
Aquí vos deixamos un par de fotiños para que vexades o bonita e inspiradora que é a nosa nova aula! Nela estamos seguros que nacerán novos e moi interesantes proxectos :)






jueves, 9 de abril de 2015

Día da árbore

En España soése celebrar o día da árbore o 21 de marzo, coincidindo co día internacional dos bosques. Esta é unha práctica que comezou por primeira vez no mundo, en 1805 en Villanueva de la Sierra (Cáceres)
No cole festexámolo prantando un pequeno acivro que esta crecendo día a día no noso patio.




lunes, 23 de marzo de 2015

Xogando coa nosa lingua

No cole temos a sorte de facer un montón de actividades usando o galego como lingua para os xogos e as cancións.

Lito, estivo con nós durante dous luns ensinándonos cancións do noso folklore e como bailalas! pasámolo xenial! Ademáis tamén nos ensinou outros xogos populares como as tabas. Non se nos deron mal de todo!


Tamén nos visitou Susa Herrera, coa que cantamos e bailamos cancións de diferentes animais como o crocodilo e o elefante. Foi moi divertido!




jueves, 12 de marzo de 2015

Circulanden, circulen!


O pasado venres, tivemos un día diferente no cole. Viñeron a visitarnos da DXT e Protección Civil.
Estivemos facendo varias actividades moi educativas.

Comezamos cunha charla sobre comportamentos adecuados para os peóns e a solidaridade na carretetera.


Seguimos cun circuito para bicicletas, no que nos ensinaron a circular polo lugar adecuado, facer unha rotonda e comportarnos ante un ceda, stop ou sinal de precaución.



Despois, ensináronos o camión de bombeiros que está en Manzaneda. Explicáronnos todo o que tiña e como se reaccionaba ante unha emerxencia.




Por último, fixemos un simulacro de incendio.

Pasámolo xenial e agradecémoslles a todos os que fixeron un oquiño para virlles ensinar os nosos cativos algo tan importante para a súa propia seguridade.

jueves, 5 de marzo de 2015

Cultivos no cole!

Este ano, o cole está inmerso no programa Xermolamos (Voz Natura). 
Voz Natura é un programa de educación medioambiental posto en marcha pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre. O seu obxectivo é implicar a comunidade escolar de Galicia na recuperación e defensa da natureza da nosa terra.

No cole estamos cultivando diferentes vexetais que logo probamos na cociña. Como estos champis que despois comimos nun delicioso plato de pasta.



 Cogomelos...





Ou diferenes brotes que botamos por exemplo á ensalada!





jueves, 26 de febrero de 2015

"La Estación Blanca"

Se por algo é coñecida Manzaneda, ademais de polo entroido, é pola súa estación de esquí. En Cabeza Grande este ano, desfrutamos de dous días de esquí grazas ó Concello, á estación e ó cole!

Algúns estrenámonos este ano! incluíndo algunhas profes...


Merendamos na neve para repoñer forzas!


Fixemos amiguiños de neve!


E xogamos coas palas e os trineos!


lunes, 16 de febrero de 2015

Viva o Entroido! A troulear!!

Estas semanas de entroido deixáronnos un montón de estampas divertidísimas.
Pero antes de nada, para ver a publicación de hoxe... que soe esta música!!! https://www.youtube.com/watch?v=0nBFWzpWXuM

Comezamos agora cunha mostra da "Semana Louca":



E do festival do cole,,, CARNIVAL CIRCUS!!!





Moitas gracias a todos os que viñeron ver o noso debut... espero que o pasarades polo menos, tan ben como nós!!

E para finalizar, fotiños do venres que foi un día de troula no cole, no que cada un viviu unha xornada nunha época, cultura, vida... canto menos diferente da habitual! Un día cheo de fantasía que alimentou a creatividade dos nosos peques!







Pasade unhas boas festas, que inda queda moito entroido por diante!!!


lunes, 9 de febrero de 2015

Peace, Paz, Paix, Pace, Frieden...

En 1948 en Nova Delhi (capital da India), o fanático hinduísta Nathuram Godse asasina ó pacifista Mahatma Gandhi, lider da independencia da India.
No noso cole conmemoramos a loita de Gandhi elaborando os símbolos da paz.



jueves, 5 de febrero de 2015

Lardeiros

En Manzaneda e tradición correr os ladeiros! así que cada ano os nenos e nenas do cole pasan unhas horiñas moi entretidas facendo os seus. Estes son unha mostra deles e de como os fixeron!






Turrón e mazapán!

E coa chegada de Decembro comeza o Nadal no colexio. Un Nadal cheo de actividades! 
Fomos a residencia da terceira idade a facerlle unhas obras de teatro e cantarlle unhas panxoliñas os nosos maiores. Eles tamén nos estiveron entretendo a nós cuns poemas moi emotivos. E para desexarnos un bo Nadal intercambiamos con eles uns pequenos agasallos.
Na residencia tamén se celebrou a entrega de premios ás postais de Nadal gañadoras do concurso anual do concello. Nas categorías dos nenos e nenas, gañaron Ana e Paula!! Parabéns!!
E para rematar a xornada convidáronnos a unha estupenda merendola! Moitas grazas!!





Uns días despois tocáballe o turno ás nosas familias. Para eles cantamos, bailamos e representamos unhas ristra de panxoliñas en varios idiomas e obra de teatro incluida... que deleitaron o noso marabilloso público.





E o día seguinte púxemoslle o broche final o ano comezando unhas vacacións moi pero que moi merecidas!