lunes, 25 de septiembre de 2017

COMEZAMOS UN NOVO CURSO!



O curso 2017-2018 xa comezou e na clase das pulguiñas de Infantil aproveitamos moito o tempo.
Estas dúas primeiras semanas de curso dedicámolas a recordar as normas da clase, volver a desfrutar dos recunchos da nosa aula cos compañeiros e adaptarnos outra vez ás rutinas diarias da clase. 
Tamén demos a benvida a dúas novas compañeiras: Carmen e Irea! Estamos encantad@s de telas connosco e estamos axudándolles moito para que a súa adaptación sexa xenial!
Neste vídeo, están recollidos algúns dos momentos destes días. E esto é só o principio. 

Este será un curso estupendo! 😊