domingo, 8 de julio de 2018

Aprendemos o significado das emocións a través das lecturas do Emocionario.


Grazas ó libro do "Emocionario" e á súa lectura tivemos a oportunidade de coñecer o significado das mesmas e que xa se ilustraran anteriormente.





Investigamos sobre a violencia de xénero.

Dende a materia de Valores sociais e cívicos estivemos a realizar unha pequena investigación sobre a situación da violencia de xénero.

As mulleres na historia: traballo de investigación.

Dende a materia de Valores cívicos e sociais estivemos investigando sobre a vida e obra dalgunhas mulleres que marcaron parte da historia. Esperamos que vos guste!

martes, 22 de mayo de 2018

A IDADE CONTEMPORÁNEA

Os nenos/as de 6º de primaria estamos traballando a idade contemporánea en España.
En esta unidade decidimos unha presentación con Google drive, e despois presentamola con Knovio.

 

lunes, 5 de marzo de 2018

Reinventemos juntos una escuela para tod@s

Audiocarteis deseñados polo alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP de Manzaneda, para participar no concurso da ONCE chamado: "Reinvementos juntos una escuela para tod@s".
Para realizalo antes traballouse o concepto de escola inclusiva e diversidade. O alumnado tras isto foi quen de pensar no eslogan, imaxes represntantivas das súas ideas e toma de audio cun móbil. Para a edición realizouse con MovieMaker e compartiuse en Youtube. Esperamos que vos gusten!


Valores cívicos e sociais

Dende a materia de Valores cívicos e sociais repesáronse os valores traballados de forma visual e este é o resultado do traballo realizado por unha das alumnas. A técnica utilizada foi o visual thinking coa app sketchbook. 



jueves, 22 de febrero de 2018

CAMBU NA INDIA

A nosa mascota Cambu está na India e decidimos investigar algo sobre ese país tan distinto. Co que aprendimos fixemos un vídeo utilizando a app TouchCast.



Como nos enteramos de que para cociñar usaban moitas especias decidimos probar algunhas delas. As miramos, as tocamos, as ulimos e as probamos. Algunhas nos gustaron, outras non tanto. Traballamos na clasificación, leimos os seus nomes e algunha información dos botes e fixemos oracións sobre elas, cas maiúsculas, separando ben as palabras. A profe despois fixo este collage ca app Fuzel Collage

jueves, 15 de febrero de 2018

COMO ERA O ENTROIDO ANTES?

Comezamos o noso traballo de investigación sobre as orixes do entroido cunha entrevista realizada polos nenos e nenas de 1º e 2º ó profesor de relixión Belisario Chaos.
Os alumn@s:
  • prepararon un guión da entrevista ca estructura de aprendizaxe cooperativo folio xiratorio. 
  • Copiaron as preguntas na súa libreta e no encerado. 
  • Gravaron a entrevista co profesor cun Ipad.
  • Decidiron a orde na que ían aparecer as preguntas.
  • Editaron as gravacións ca app Imovie: abriron a app, cargaron os vídeos, ordearon os vídeos, axustaron o volume, engadiron títulos e creditos co seu audio. 
 E este foi o resultado.


O ENTROIDO DE MANZANEDA

Este traballo trata do entroido en Manzaneda fixemolo con genially e wevideo.

AS TRADICIÓNS DO COLEXIO

Este vídeo explícanos as tradicións do colexio C.E.I.P. Manzaneda .Utilizamos Imovie ,vídeos e fotos feitos por nos. 
O proceso foi: fixemos un esquema , repartimos o traballo e utilizamos foliao

OS INSTRUMENTOS DO FOLIÓN

En educación artística estivemos a traballar os instrumentos do folión.
Trouxemos fotos e falamos sobre as características de cada un deles ca app Edupuppet.


Os modelamos en plastilina e fixemos un poster interactivo ca app Thinglink.

jueves, 18 de enero de 2018

XOGAMOS

Na clase usamos un montón de xogos para aprender, e nos gustan moitisimo.
Fixemos uns vídeos para explicar como usamos algúns xogos online.

MATH LINES