Mostrando entradas con la etiqueta bullying. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta bullying. Mostrar todas las entradas

lunes, 6 de marzo de 2017

Audiocarteis en contra do acoso escolar-bullying

Audiocarteis en contra do acoso escolar-bullying, deseñados polo alumnado de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria do CEIP de Manzaneda dende Departamento de Orientación, para participar no concurso da ONCE, Somos diferentes no indiferentes. A ver se temos sorte e gañamos algunha das categorías!   
Para poder deseñalos antes informáronse acerca do tema de traballo para logo pensar nun eslogan, imaxes e textos que ían considerar para o seu traballo. Tamén aportaron texto en braille e fotografías en lingua de signos das súas mans. Para o seu desenvolvemento utilizaron material de papelería, cámara fotográfica, móbil para grabar o audio, e para a edición realizouse con MovieMaker e compartiuse en Youtube.


Presentación sobre o acoso escolar-bullying

Presentación realizada sobre o acoso escolar-bullying polo alumnado do CEIP de Manzaneda dende a materia de Valores sociais e cívicos con GoogleDrive e GooglePresentaciones. Para a mesma, utilizaron diferentes fontes informativas da rede para documentarse e comprender en que consiste e como se produce.