Mostrando entradas con la etiqueta tinytap. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta tinytap. Mostrar todas las entradas

martes, 17 de marzo de 2020

AS FORMIGAS

Na aula das pulguiñas de infantil convertémonos en verdadeiros expertos investigadores de formigas. Xuntos descubrimos moitas cousas, e por iso, creamos este xogo, para que non se nos esqueza ningunha!
Animádevos  descubrir cousiñas sobre as formigas! Un mundo ben interesante!

jueves, 6 de junio de 2019

PROTEXE OS ANIMAIS

Este curso, no cole de Manzaneda estamos inmersos nun proxecto que nos parece moi importante: ‘Protexe os animais’.
Moitos de nós temos, ou tivemos nalgunha ocasión, un animaliño ao noso cargo. É pois esencial que sexamos conscientes dos coidados que precisan, e tamén da situación de moitos outros animais que sofren abandonos ou maltratos por parte do ser humano.
Polo tanto, o que perseguimos con este proxecto é concienciar aos nosos nenos no respecto aos animais para que se convirtan en seres humanos empáticos e sensibles co medio ambiente e todo o que forma parte del.

Comezamos pois o noso proxecto no mes de Novembro con moitos ganas, xa que é un tema moi motivador para eles. Na aula das ‘pulguiñas de Infantil’ empezamos por coñecer e clasificar os distintos tipos de animais. Aprendemos a diferenciar entre seres vivos e inertes, e animais domésticos e salvaxes. Para iso, axudámonos co xogo creado polo centro a través da app Tiny tap. Ademais, engadimos uns videos de 'Happy learning' para completar a explicación sobre os animais.



    
   

miércoles, 13 de diciembre de 2017

A CASA

O neno e nenas da clase de 1º e 2º de primaria están a traballar con Ollos de Sociais, están dándose conta de que en sociais traballamos a nosa realidade e que todos a coñecen. Agora toca a casa. Ca app TinyTap están a facer uns xogos nos que traballan os elementos da casa, aproveitamos tamén para traballar a lectoescritura, as letras e a separación de palabras. O van facendo ca estructura de aprendizaxe cooperativo folio xiratorio.


martes, 17 de octubre de 2017

MAPA FÍSICO EUROPA ESPAÑA.

Os rapaces de 6º de primaria fixeron este Tiny Tap , sobre o relevo de Europa e España para estudalo na casa.

miércoles, 17 de mayo de 2017

FESTEXAMOS O DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2017

Desde hai días, os nenos e nenas do cole levamos falado moito sobre o Día das Letras Galegas. Falamos, por suposto, do autor ao que este ano se lle adica o día que é Carlos Casares; e contamos tamén, algún dos contos tan orixinais e divertidos que Carlos Casares escribiu para os máis pequenos.
Xuntamos todo o traballado durante estes días e aquí temos os resultados.

Esperamos que o desfrutedes tanto coma nós!

Xogo creado pol@s nen@s de Infantil sobre Carlos Casares e a súa vida e obra.



Debuxos feitos sobre o conto 'A bomba da felicidade' (incluído no libro 'A galiña azul')





jueves, 23 de marzo de 2017

EMPEZA POR...



A continuación, un novo xogo para traballar a conciencia fonolóxica, discriminación de letras e iniciación á lectoescritura. Está pensado especialmente para @s nen@s de 5 anos, pero tanto @s de 4 como @s de 3 poden probar. Seguro que hai algunha letra que xa recoñecen! A semana pasada probamos o xogo en clase e foi todo un éxito!


martes, 24 de enero de 2017

O RELEVO E AS AUGAS DE ESPAÑA

Comezamos o ano traballando o Relevo e as Augas de España e Galicia.
Os alumnos de 4º e 5º prepararon un xogo con TinyTap para estudialos.

martes, 15 de noviembre de 2016

XOGANDO COAS LETRAS!

Os nenos e nenas de infantil disfrutamos moito xogando coas letras! Asi que nos encanta buscar a letra que falta en cada unha das palabras deste xogo. Son palabras moi coñecidas para nós, porque estamos coñecendo as palabras relacionadas coa casa e co noso corpo.
Animádevos a xogar con nós!


viernes, 4 de noviembre de 2016

OS FROITOS DO OUTONO

Os nenos e nenas de Infantil están coñecendo moitos aspectos do outono. Encántalles coñecer novas froitas e prepararon este pequeno 'dicionario de imaxes' para que vexades todo o que levan aprendido!