Mostrando entradas con la etiqueta youtube. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta youtube. Mostrar todas las entradas

lunes, 5 de marzo de 2018

Reinventemos juntos una escuela para tod@s

Audiocarteis deseñados polo alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP de Manzaneda, para participar no concurso da ONCE chamado: "Reinvementos juntos una escuela para tod@s".
Para realizalo antes traballouse o concepto de escola inclusiva e diversidade. O alumnado tras isto foi quen de pensar no eslogan, imaxes represntantivas das súas ideas e toma de audio cun móbil. Para a edición realizouse con MovieMaker e compartiuse en Youtube. Esperamos que vos gusten!


lunes, 19 de junio de 2017

Universo de emocións

Porque as diferentes emocións tamén se poden representar en ilustracións, mediante a técnica de visual thinking e stop motion, podedes ver o resultado subido a Youtube do creado polas alumnas da materia de Valores sociais e cívicos a partir da lectura completa do libro Emocionario. Esperamos que vos guste!

viernes, 26 de mayo de 2017

As emocións, nomes e números en figuras xeométricas

Aquí podedes ver o resultado dalgunhas figuras xeométricas cheas de emocións, nomes e números, que fixeron dende a área de Matemáticas.


jueves, 20 de abril de 2017

LONDON (2ª parte)

Aquí tedes a segunda parte da nosa 'visita' a London. Empregamos de novo a app TC Studio e Imovie.
Esperamos que o desfrutedes! e xa sabedes, se queredes coñecer Londres, informádevos cos nos@s nen@s.



























jueves, 23 de marzo de 2017

O Entroido en Manzaneda

Case un mes despois do Entroido, todavía seguimos rematando materiais que traballamos na aula de Infantil.
Quixemos explicar todo o que coñecemos sobre as tradicións do Entroido na nosa localidade, e para iso, coa colaboración dos pais/nais do cole, recopilamos moitas fotos e información.
Unha vez que tivemos todo organizado, empregamos a app Spark Video para facer un video explicativo do Entroido desde a visión duns nen@s que son verdadeiros expertos no tema.






miércoles, 22 de marzo de 2017

Vídeo explicativo sobre os contravalores cívicos e sociais

Esperamos que vos guste o traballo que fixemos de repaso sobre os contravalores dende a materia de Valores sociais e cívicos con Tawe e subido con Youtube sendo previamente elaborado con glogster.

lunes, 6 de marzo de 2017

Póster interactivo sobre os valores sociais e cívicos

Póster interactivo realizado con glogster e Genial.ly sobre a explicación dalgúns valores sociais e cívicos con vídeos animados realizados en Zoobe e subidos a youtube polo alumnado do CEIP de Manzaneda dende a materia de Valores sociais e cívicos.

Vídeo sobre a biografía de Bertha Von Suttner: Premio Nobel da Paz

Vídeo compartido en Youtube sobre a biografía de Bertha Von Suttner de Praga que obtivo o Premio Nobel da Paz realizado polo alumnado do CEIP de Manzaneda. Dito video insertouse tamén nunha presentación elaborada intercentros (CEIP Plurilingüe Manuel Bermúdez Couso e CEIP Manzaneda) e que se enmarca nunha investigación sobre a biografía de mulleres que obtiveron o Premio Nobel da Paz e que se pode consultar neste enlace http://tololeotrives.blogspot.com.es/2017/01/mulleres-premiadas-co-nobel-da-paz.html

Audiocarteis en contra do acoso escolar-bullying

Audiocarteis en contra do acoso escolar-bullying, deseñados polo alumnado de 3º, 4º e 5º de Educación Primaria do CEIP de Manzaneda dende Departamento de Orientación, para participar no concurso da ONCE, Somos diferentes no indiferentes. A ver se temos sorte e gañamos algunha das categorías!   
Para poder deseñalos antes informáronse acerca do tema de traballo para logo pensar nun eslogan, imaxes e textos que ían considerar para o seu traballo. Tamén aportaron texto en braille e fotografías en lingua de signos das súas mans. Para o seu desenvolvemento utilizaron material de papelería, cámara fotográfica, móbil para grabar o audio, e para a edición realizouse con MovieMaker e compartiuse en Youtube.


domingo, 5 de marzo de 2017

Como nos gusta o Entroido!

No cole de Manzaneda e na aula de Infantil, sempre desfrutamos das festividades, pero sen dúbida, unha das nosas favoritas é o Entroido. Aquí vos deixamos un video con todas actividades que realizamos as pulguiñas  nestes días de Entroido. Tamén algunhas que compartimos cos nenos/as d primaria, que xa saberes que somos unha pequeña familia, e por iso nos encanta compartir moitos momentos xuntos.
Como veredes, foi un Entroido moi atareado. Desde facer os lardeiros e lardeiras, decorar máscaras é ata crear os nosos disfraces.


viernes, 24 de febrero de 2017

O CARNAVAL EN MANZANEDA

Hoxe tivemos no cole a Pepe Dieguez, unha mázcara do carnaval, que viu a falarnos das tradicións do carnaval en Manzaneda. Falounos das mázcaras, do fulión e da fuliada, dos instrumentos, do lardeiro e da lardeira ...
Aproveitamos a visita para facer unha emisión en directo que quedou recollida en Youtube e que compartimos con todos aquí.