O pasado xoves día 29 de Outubro celebramos no noso cole o día de Samaín / Halloween.
Foi un día cheo de disfraces terroríficos, actividades, xogos e algún que outro sustiño das profes aos nosos maiores (que levaban toda a semana reclamando un pouquiño de emoción ;) )
Pola mañá, comezamos cun desfile para lucir os nosos disfraces entre unhas cabazas iluminadas con candeas polo corredor do colexio. Metémonos moito nas nosas personaxes e lucimos traxes a ritmo de Michael Jackson e o seu mítico tema 'Thriller'.
A continuación, monstruos, bruxas, momias, zombies e demais personaxes fomos a clase a traballar e aprender un pouquiño. Foi entón cando as profes dos máis maiores aproveitamos para gastar unha pequena broma aos nen@s. Despois dun pouco de 'medo' inicial todo foron risas, e ben seguro que o recordarán durante unha tempada, así que teremos que andar con coidado o vindeiro ano :)
Xa pola tarde, despois de desgustar unhas galletas moi mostruosas feitas polas mamás do comedor, e unhas cupcakes que trouxeron as profes, vimos unha película na que Scooby Doo e os seus amigos se enfrontaron a uns esqueletos. Foi moi divertida!
Por último, e para rematar a nosa horripilante xornada, tod@s escribimos nun papel cales eran os nosos maiores medos, e queimámolos nunha fogata no patio cun conxuro de meigas de fondo. A partir dese momento, neste cole ningún nen@ ten medo a nada! Todos os nosos medos quedaron queimados nesa fogata e desapareceron.
Agora podemos dicir que temos os nenos e nenas máis valentes do mundo!
Bo Samaín! Happy Halloween!
Vaia día máis terrorífico, encántame!! Grazas, profes, por disfrutar tanto coas nosas nenas e nenos!
ResponderEliminar