martes, 17 de octubre de 2017

NON MÁIS LUMES!

Durante estes últimos días, levamos visto como os lumes queiman os nosos montes de xeito indiscriminado.
A escola non pode ser allea ás situacións que se producen na sociedade, e moito menos, se se trata dun cole rural como o noso, que se atopa nunha das zonas máis castigadas polo lume desde sempre.
Os nos@s nen@s son moi conscientes do que está pasando no seu contexto diario e por iso, non podiamos pasar por alto a oportunidade dun traballo moi significativo traballando con eles sobre eso.
Despois de falar sobre o tema na asamblea, decidimos realizar uns carteis sobre cómo nos fai sentir esta situación de tantos montes queimados, así como tamén sobre precaucións ante un lume e medidas de prevención. por último, xuntamos todo o traballo nun vídeo co que quixemos expresar a tristeza e a impotencia que nos causa esta situación.

Unha cousa temos clara tanto nen@s como mestres: Non queremos máis lumes! Debemos coidar o noso planeta. É o noso maior tesouro!




No hay comentarios:

Publicar un comentario