lunes, 26 de enero de 2015

Un halloween de medo...



O 30 de Outubro foi un día terroríficamente especial en Manzaneda... Os nenos convertéronse en seres máxicos e do máis alá. Como a ocasión o merecía, fixemos un desfile para contemplalos ben á luz das velas que alumeaban dentro das monstruosas cabazas... e despois "photocall" 



Tamén vimos unha película que nos encantou: Hotel Transilvania.
Despois, os maiores quixeron quitarlles o típico medo dos monstruos ós pequeniños e por iso prepararon unhas mini obras que lles interpretaron con moita gracia.
Tamén nos visitaron uns monstruiños moi doces que tivemos que buscar polo cole seguindo unhas pistas. Non se lles deu nada mal! 
E Para acabar a xornada, despois de comer, fixemos un taller de decoración de galletas... pero non foron unhas galletas calquera... ademais de estar riquísimas daban moooooooito medo. Aquí está a proba!







No hay comentarios:

Publicar un comentario