martes, 3 de febrero de 2015

O Magosto no colexio!

Chegado o mes de Outubro comeza unha nova estación, e como non, tiñamos que festexala!
O magosto que fixemos este ano no cole foi moi especial porque tivemos varias actividades moi divertidas e motivadoras! Descubrimos como funciona unha roda... e aprendimos a lanzar os peóns coma profesionais!






A hora da comida tamén foi especial xa que esperabamos invitados de honor, as nosas familias!! Para darlles a benvida cantámoslle unha canción e despois... a xantar! Empanada, embutidos, chourizos e bica dos que dimos boa conta!



Mentres comiamos, algúns papis encargáronse do lume para asar as castañas que estaban exquisitas!

E para baixar todo o que comimos puxémonos a xogar ó "Toma Castaña", rimos un montón!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario